Ventoso Mariño evita que as lendas ribeirenses do deporte rei acaben caendo no esquecemento

A obra Heroes na néboa nútrese de fotografías e de impresións achegadas polos xogadores


ribeira / la voz

Hai capítulos do pasado que, se alguén non fai nada por evitalo, acaban caendo no esquecemento. Xosé Antonio Ventoso Mariño quixo que iso non lle ocorrera á historia do fútbol ribeirense e por iso lle deu forma, páxina a páxina, a Heroes na néboa. Trátase dunha crónica sentimental, que se nutre de fotografías e tamén das impresións achegadas polos propios xogadores e tamén por persoas que contribuíron de algún xeito co deporte rei.

Manuel Reiriz Dios, José María Bello, José García Miguéns, Suco II, Juan Fernández Pérez, Román, Ramón Doval, Tura e José Ramón González son algunhas desas lendas que lle dan contido á nova obra de Ventoso e o venres quixeron arroupar ao escritor na presentación que tivo lugar no auditorio da cidade. Todos eles desfilaron polo escenario para destacar a importancia do fútbol como elemento de unión, como xerador de emocións colectivas.

A carón do autor situáronse o empresario Ramiro Carregal, que lembrou o apoio que lle prestou a varios equipos da comarca; o rexedor local, Manuel Ruiz, que lembrou a súa época como xogador do Atlético Ribeira; e o redactor de La Voz de Galicia Domingos Sampedro. Despois de realizar unha viaxe pola traxectoria do escritor, o xornalista puxo de relevo a importancia da publicación: «Non só polo seu labor a nivel documental, senón pola recuperación que fai de figuras senlleiras do fútbol local».

O propio Ventoso foi o encargado de comentar os capítulos do libros e as anécdotas máis destacadas do proceso de elaboración. O acto concluíu, despois de dúas horas, a duración dun partido completo con prórroga e penaltis incluídos, coa sinatura de exemplares. Rexistrou un cheo, aínda que coincidiu co encontro entre Brasil e Bélxica.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Ventoso Mariño evita que as lendas ribeirenses do deporte rei acaben caendo no esquecemento