O Valedor dá un mes de prazo ao Concello de Ribeira para empregar o topónimo oficial

O BNG di que o informe rexeita as desculpas do PP e o goberno, que informará á institución do acordo plenario


ribeira / la voz

Un informe remitido pola oficina do Valedor do Pobo, trala queixa formulada polo BNG, dá un mes de prazo ao Concello para cumprir coa Lei de Normalización Lingüística e empregar o topónimo oficial de Ribeira.

A institución tamén indica que o acordo adoptado polo Concello en 1984 incumpre a lei.

Para os nacionalistas, esta resolución «bota por terra as desculpas do PP». Xosé Vázquez Cobas, Luís Pérez Barral e Vicente Paz manifestaron onte: «A primeira obriga do Concello é acatar a lexislación vixente».

Outras medidas

O BNG tamén adiantou que estuda recorrer á xustiza no caso de que o executivo incumpra a lei. Aseguraron que non lles vai «tremer o pulso para rematar cun capricho persoal que promove a ignorancia e a división social da veciñanza».

Pola súa banda, fontes municipais indicaron que explicarán á valedora o acordo do pleno de maio, no que se decidiu crear unha comisión que estude o emprego do nome de Ribeira ao longo da historia para examinar se sufriu algunha castelanización e deturpación. Que se a houbo se acepte escribilo con b e, no caso de non habela, pedirase á Xunta que o nome oficial sexa con v.

Sen embargo, a valedora, coñecedora do acordo polo BNG, xa expón que «non se atopa unha base normativa para xustificar o encargo, por parte do goberno, dun estudo particular».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
14 votos
Comentarios

O Valedor dá un mes de prazo ao Concello de Ribeira para empregar o topónimo oficial