«Quería facer cousas polo mar que eu mamei»

La Voz

BARBANZA

01 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Luís acaba de facer unha entrevista de traballo nunha universidade de Carolina do Norte. «É para unha praza de asistente-profesor con titularidade», explica. De todos os xeitos, coller o avión e poñer rumbo aos Estados Unidos non é o que quere.

-¿Que lle gustaría?

- O que quero é traballar aquí. A miña vontade é seguir facendo o que estou facendo, poñer a Galicia no mundo en termos de ecoloxía e economía pesqueira. Se vas por aí, ao final estás traballando para o resto do mundo. Todos os investigadores teñen un lugar co que soñan en facer os seus traballos. Ese espazo, para min, é a ría de Arousa. O meu traballo consiste en xuntar as dúas partes, a ecolóxica e a económica. E a capacidade de redistribución da riqueza das bateas é tan radical que hai que introducila na ecuación. Igual non diría o mesmo en Chile

-A crise do 2010 supuxo un parón total na investigación e vostede marchou á Patagonia, onde estivo tres anos.

- Houbo un parón total, todas as administracións españolas cerraron todas as convocatorias, pero quería volver, quería facer cousas polo mar que eu mamei, pola pesca e o polo marisqueo. Para min, isto é o mellor do mundo.

-Agora atópase en suspenso, despois de ter traballado coa elite do mundo da investigación grazas a unha beca.

-Si, para facer un estudo da optimización na xestión dos sistemas socio-ecolóxicos cun enfoque baseado no ecosistema e valoración económica dos servizo ecosistémicos mariños. E agora fixen a entrevista para a universidade de Carolina do Norte. Os investigadores galegos somos carnada fácil para as universidades americanas.