A lectora: Nerea Rodríguez


1. O seu mellor momento para a lectura. Polas noites, xa que estou máis tranquila e, se se trata dun día chuvioso, moito mellor.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Ningún. Pero se escollo ou me recomendan un libro de fantasía, romance ou acción, estupendo.

3. Que lle achega a lectura? Novo vocabulario, ideas novas, interese pola historia e novos tipos de lectura.

4. Os seus libros favoritos. Atrapado na torre, O espello, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.

5. Un xénero literario. A prosa.

6. Un personaxe e un espazo literario. Catuxa, na obra O espello, e a fraga de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.

7. Que está a ler agora? Anagnórise, de María Victoria Moreno.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. En galego, María García Yáñez; e noutro idioma, James Dashner.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Vou a baile dende moi pequena e tamén me encanta facer deporte cos meus amigos.

10. Unha paisaxe do Barbanza digna de libro. A praia e a cova de Fonforrón, ou a cascada de Ribasieira.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A lectora: Nerea Rodríguez