Colofón literario cunha homenaxe a Plácido Betanzos

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

Está previsto que interveñan Xesús Laíño, José Alberto Fernández Rodera e Manuel Ruiz Rivas

24 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Praza do Concello de Ribeira • De 12.00 a 14.00 e entre as 18.00 e as 22.00 horas • A Feira do Libro que arrancou o xoves en Ribeira chega ao seu fin cun acto de lembranza a Plácido Betanzos. Están previstas as intervencións de dous amigos do escritor recentemente falecido: Xesús Laíño, mestre no IES Leliadoura e directivo de Barbantia, e José Alberto Fernández Rodera, maxistrado da Audiencia Nacional. Ao acto tamén se sumará o rexedor local, Manuel Ruiz Rivas. Os asistentes recibirán un exemplar de Paravea do inferno, obra escrita polo autor homenaxeado.

Nesta última xornada da feira tamén haberá outras tres actividades: unha charla ao redor do libro O valor das palabras, elaborado pola Asociación contra as Enfermidade Neuromusculares (13.00 horas); a presentación de Camiños, de Magín Blanco (19.00); e a intervención de Silvia Salgado, que falará da súa obra La aldea de Silvia Salgado.