O Concello de Rianxo inicia unha campaña para promover o uso correcto dos topónimos

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

A iniciativa parte do servizo de Normalización lingüística

11 jun 2018 . Actualizado a las 11:38 h.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo vén de poñer en marcha unha nova campaña para promover o uso correcto dos topónimos do municipio.

En concreto, a iniciativa pon de relevo a utilización de forma cotiá dos nomes de lugares coma O Araño, O Pazo ou A Atalaia omitindo o artigo que os precede cando, segundo o nomenclátor oficial da Xunta de Galicia, debe empregarse.

Por este motivo, acaba de iniciarse unha campaña informativa co obxectivo de facer fincapé na importancia de respectar as formas oficiais dos topónimos.