A biblioteca de Ribeira réndelle homenaxe a Plácido Betanzos

A sala de lectura agasallará con exemplares dos libros do escritor falecido aos veciños que desexen recrearse cos seus pensamentos e historias


Bágoas na chuvia e Paravea no inferno son algúns dos libros que conforman a nova exposición que se ven de montar na biblioteca de Ribeira. Trátase dunha selección de obras, entre as que se atopan tamén libros das festas de Palmeira e suplementos de A voz de Barbantia, asinadas por Plácido Betanzos, coa que se lle quere render un homenaxe póstumo ao escritor e exconcelleiro.

Ao mesmo tempo, a biblioteca agasallará con exemplares dos libros de Plácido Betanzos aos veciños que desexen recrearse cos seus pensamentos e historias.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

A biblioteca de Ribeira réndelle homenaxe a Plácido Betanzos