O lector: Fran Rodríguez Crujeiras

La Voz

BARBANZA

25 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Á noite, antes de ir durmir.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. A portada, o resumo da contraportada e as recomendacións da xente.

3. Que lle achega a lectura? Distráeme, enriquéceme a mente.

4. Os seus libros favoritos. The lord of the rings, de Tolkien; Las luces de septiembre, de Zafón, e The fist of God, de Forsyth.

5. Un xénero literario. Thriller militar e novelas de misterio.

6. Un personaxe e un espazo literario. Mike Martin e a guerra de Kuwait.

7. Que está a ler agora? El camino blanco, de John Connolly, aínda que adoito ler varios libros ao mesmo tempo.

8. Un autor galego e outro noutra lingua. Agustín Fernández Paz e Frederick Forsyth.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Ver películas, series, quedar cos amigos, facer teatro e escribir.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. As fábricas abandonadas de punta Couso, en Aguiño. Dignas dunha novela de terror xuvenil.