Filoloxía e etnografía


Milagros Torrado naceu en Cespón, Boiro, en 1983 e xa dende nena se interesou pola creación literaria. Licenciada en Filoloxía Inglesa no 2006 pola Universidade de Compostela, doutora da súa especialidade e profesora da Universidade Internacional de La Rioja, é secretaria da A. C. Barbantia, colaborou en Leñaverde, Folía, o Anuario Brigantino e no da asociación da que é membro.

Os seus estudos, xeralmente, unen a filoloxía e a etnografía, ás veces comparando tradicións británicas coas galegas. No ano 2010 sacou do prelo o volume O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illas Británicas e Galicia, partindo dos seus estudos de doutoramento.

Xa no ano 2017 edita Da Moura á Sheela-Na-Gig: reflexións sobre significado, orixe e evolución, outro chanzo da cultura popular. Entremedias, foron aparecendo outros estudos, e así no Anuario Brigantino publicou El altar rupestre de A pedra pía (2011), en colaboración con Aurora Lestón Mayo e El rito propiciatorio de la fecundidad humana en el entorno del antiguo alcornocal de San Ramón de Bealo (Boiro, A Coruña) y otros testimonios de dentrolatría (2016), en coautoría con F. Alonso Romero, con quen tamén publicou Orión en un petroglifo de Folgoso. Significado simbólico y práctico de los astros (2014).

No anuario Barbantia apareceron outros traballos seus: Unha pequena viaxe etnográfica polo Barbanza (2010) e Actualización da Noia de Ruth Matilda Anderson: fotografías de onte e hoxe (2011).

Aínda se poden citar outros ensaios editados en volumes colectivos, como o titulado Historias recollidas nalgúns cruceiros de Boiro (A Coruña), de 2010.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Filoloxía e etnografía