Da restauración á creación artística


«Son pintor. Esas dúas simples palabras deron sentido á miña existencia». Nada mellor que tomar prestada a frase de Fernando de Syzski, artista peruano, para presentar o artista Manuel Romero.

Nos anos 90 escoitei por primeira vez o nome de Manuel Romero. Unha rapaza noiesa faloume que o coñeceu nunha galería de arte. Aos poucos meses tivemos a oportunidade de coñecelo e de ver a súa obra na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos e sorprendeunos a vitalidade cromática da súa obra así como a extraordinaria sensibilidade e sinxeleza dun home ao que non lle gustaba, e segue sen gustar, presumir da súa obra. Pero é nela onde atopamos a súa personalidade, as súas enormes inquietudes e o seu mundo, fronte a ese aire tranquilo ao que nos ten acostumados.

Cidades vitais

Noia e A Coruña, cidades da infancia e adolescencia e, no medio, Londres, lugar onde transcorre a súa xuventude e madurez, escenario vital e decisivo no que descobre a súa faceta de artista ata facer dela unha profesión. Regresa a Cambre como artista, sen perder nunca o vínculo con Noia e Londres.

Marcha aos 21 anos a Londres, e dedícase ao mundo da restauración. Pero a súa paixón, a pintura, foi saíndo á luz e aposta para obter a mellor formación. A década dos 80 está marcada polo estudo: licénciase en Arte e realiza un Master of Arts no prestixioso Royal College de Londres.

Todo ese período de formación foi determinante dentro do camiño elixido: imparte clases na universidade, funda a primeira galería española de arte en Londres, The Blasson Gallery; no 1991 foi nomeado European Lecturer na Universidade de Kingston; no 1992 as embaixadas hispano-parlantes en Londres concédenlle a medalla de ouro polo seu labor a prol da cultura, foi comisario de exposicións, coordina intercambios de alumnos entre as universidades de Kingston, Limerick e Pontevedra, etc.

Exposicións

Paralelamente, a súa obra mostrábase en exposicións: Londres, Oxford, a Coruña, Chicago, París, Italia... foron algunhas das moitas cidades onde deixará moitos dos seus cadros, que pasarán a formar parte de coleccións privadas.

Manuel Romero recibiu no 2017 o Premio Barbantia da Cultura Galega.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Da restauración á creación artística