O señor Núñez


Dende fai tempo, e despois de moitas observacións e análises sobre o comunismo español e dos moitos comunistas que coñecín e coñezo, cheguei á formulación deste axioma: «Queren traballar como na Unión Soviética e vivir como nos EE. UU.». Desta máxima, por xustiza, teño que excluír a quen fora concelleiro polo Partido Comunista no primeiro mandato municipal de 1979, José Núñez Cariño, na Pobra do Caramiñal, a quen quero dedicar, in memoriam, este artigo pola súa honestidade e coherencia coas súas conviccións políticas. Non serei eu quen deslexitime que Irene Montero e Pablo Iglesias mercaran unha residencia para levar adiante un proxecto de familia conforme coas teorías de Tomás Moro recollidas no seu Libro do estado ideal dunha república na nova illa de Utopía. Cousa ben distinta é que reprima a miña preocupación polos grandes perigos que albisco nas políticas de esquerdas que o noso falso centro-dereita está asumindo para non ter liortas nas rúas ou porque non posúe ideas propias.

Hai que ter en conta a coherencia desta damisela que comezou as súas andainas na Plataforma de Afectados pola Hipoteca -PAH-, un movemento en defensa do dereito a unha vivenda digna (a de marras semella que é decente), algo que debeu ter moi en conta a entidade catalá Caja de Ingenieros con estes prestameiros, sempre moi críticos coa banca, aínda que seica supera un chisco o 80 % da súa taxación. Quero confesar que a miña preocupación está en que a entidade prestamista pense que estes dous personaxes poidan permanecer en política 30 anos, case tanto como a ditadura de Franco.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O señor Núñez