Las barreras de la inserción laboral

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

gerpe

Unas 200 personas con discapacidad accedieron a un trabajo en la comarca en el último año, el 40 % en el sector conservero, pero la cifra de demandantes es aún muy elevada

20 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

La inserción laboral de personas con discapacidad es una larga batalla que libran en la comarca asociaciones como Amicos, Ambar, Adisbismur o la Fundación ONCE que, a través del proyecto Inserta, trabaja estrechamente con las entidades de la zona. Los resultados comienzan a verse, pero las barreras todavía son grandes. Durante el último año, unas 200 personas con diversidad funcional, usuarias de los programas de empleo y cursos ocupacionales de Cogami y Ambar, consiguieron acceder a un contrato. Sin embargo, la directora de Inserta Galicia, Menchu Iglesias, afirma: «En Barbanza tenemos 430 demandantes. En su incorporación influye el mercado laboral de la zona. Existe todavía mucha desconfianza en relación al trabajo de ciudadanos con discapacidad, cuando si el puesto es adecuado a la persona no hay inconveniente alguno».

El sector conservero se ha convertido en un importante pilar, que ya supone el 40 % de los acuerdos laborales suscritos durante el último año. Todas las organizaciones destacan este hecho y Menchu Iglesias explica: «Se está generando empleo y lo estamos aprovechando».

Tanto empresas como Administraciones van abriendo su espectro. Un ejemplo son los casos de Amicos, con miembros realizando labores de conserjería en el Concello de Ribeira o usuarios dedicados a labores de jardinería. Otra muestra puede encontrarse en Ambar, que tiene a integrantes que han realizado o están todavía haciéndolo, prácticas en empresas y servicios municipales de Boiro, A Pobra y Ribeira.

Alumnos en prácticas

Entre ellos se encuentran Fernando Carballo, que adquirió experiencia primero como aprendiz en un supermercado de Aguiño y, recientemente, en un establecimiento de la cadena Dia en Ribeira, donde esta semana concluyó su proceso formativo: «Me gusta este sector y me agradaría encontrar un puesto estable. Sé que no es fácil, pero hay que continuar luchando».

Trabajando como conserje en Servizos Sociais de Ribeira se encuentra Alberto Fungueiriño, que durante seis meses ya ejerció esta ocupación en el Concello de Rianxo. Al igual que su compañero, su deseo sería acceder a un puesto de manera fija: «Yo demuestro cada día que soy capaz de realizar este cometido». Asegura que «en Ambar buscan alternativas para que seamos más independientes, pero las empresas tienen miedo a contratarnos».

Juan Ramón Barreiro acaba de estrenarse como jardinero en A Pobra. Es la primera vez que se dedica a esta actividad, y dice que se decantó por esta especialidad después de que se lo aconsejara una amiga: «Viume facendo uns traballos na terra e díxome que tiña cualidades. Ela animoume a facer un curso». Anteriormente estuvo ejercitándose en la rama de comercio de la mano de la entidad O Deán. Sin embargo, ahora dice haber encontrado su vocación: «As plantas gústanme e agora estou a facer un currículo para ver se cando remate aquí podo atopar algo neste sector. Estou moi satisfeito e recibo moita axuda dos compañeiros».

Como estos vecinos de la comarca, otros en su situación buscan su oportunidad y confían en obtenerla pronto.

Loita e constancia marcan a traxectoria da persoa que ocupa o cargo de presidente de Cogami dende hai seis anos. O traballo desenvolvido por Anxo Queiruga (Porto do Son, 1972) ao longo de todo este tempo fixo que se recoñecese a súa valía e que actualmente, tamén estea ao fronte da Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica, que leva a cabo actuacións en diversos campos. Un deles é o das normativas que atinxen a accesibilidade.

No ámbito da inserción laboral das persoas con discapacidade, Anxo Queiruga valora de xeito positivo os pasos que se están a dar, pero ao mesmo tempo subliña que hai un longo traballo por diante con moitos implicados e pon en valor a importancia da formación.

-¿Que análise fai dos resultados das políticas de integración?

-As políticas activas de emprego están desfasadas vendo os datos de inactividade que hai, que triplican aos da poboación en xeral. Isto tamén motiva que as persoas con discapacidade non sexan activas na busca de emprego, porque tampouco dispoñen de moitas oportunidades. Ao comprobar os obstáculos cos que se atopan no seu propósito de acadar a inserción no mundo do traballo, a xente con discapacidade deixa de crer nas súas capacidades.

-¿Como pode resolverse isto?

-Deberíamos conseguir que, como establece a normativa, as empresas con máis de 50 traballadores incorporen a un 2 % de persoal con discapacidade. Ao mesmo tempo, hai que deseñar plans orientados ao emprego. Hai que axustarse ás demandas do mercado. Sabemos que a discapacidade ten moitos perfiles e debemos traballar para ver as capacidades de cada un. Os cursos tipo non nos valen. Débense facer cambios. A maioría da nosa xente percibe pensións non contributivas. Se atopas un posto e non che renovan o contrato, tardas un ano en volver a percibir esa remuneración. O emprego proporciona unha autonomía e unha independencia económica, pero non só iso; é un elemento de socialización fundamental.

-Vostede foi ampliando os seu campo e acadou maiores cotas de responsabilidade no ámbito da integración.

-As oportunidades que me abriu o mundo laboral a nivel de inclusión social foron moi importantes. Se me tivera quedado en Carballosa seguro que non tería feito a miña vida con esta independencia. Potenciei as miñas capacidades.

-¿Como ve a situación na zona do Barbanza a nivel laboral?

-O sector conserveiro iniciou, hai varios anos, a contratación. Abriuse unha porta, incorporando tanto a homes como a mulleres. Non debemos esquecer que a actividade económica en Galicia concéntrase no eixo atlántico. En Barbanza traballamos co tecido empresarial da zona para que rachen cos estereotipos, para que non se pense que un traballador con discapacidade pode ocasionar problemas á hora de levar a cabo o seu cometido.

-¿Cóntase co servizo de intermediación de Cogami?

-Si, moitas empresas consultan e contan co noso servizo de intermediación laboral. No sector da alimentación, por exemplo, debería haber máis oportunidades. Debemos continuar traballando para que máis sectores se abran. A lei que acaba de aprobarse de reserva de contratos no sector público, considero que tamén vai resultar positiva neste ámbito.

Anxo queiruga

Comezou en Amicos dende a base e foi medrando a medida que o facía a entidade, que logrou ofertar na zona o primeiro fogar para persoas con discapacidade que carecen de familiares que poidan atendelos. O director de Amicos, Xoán España (Ribeira, 1982), indica que este é un bo momento no que respecta á inserción laboral das persoas con discapacidade porque asegura que se deron pasos importantes, pero el vai más alá e persigue un panorama máis amplo, tendo en contra a realidade e as dificultades existentes.

-¿Cal é a radiografía que fai da incorporación laboral dos cidadáns con discapacidade?

-Este é un momento bo porque conseguimos sensibilizar aos grandes grupos empresariais. Existen proxectos de futuro e hai unha boa liña de traballo entre todas as organizacións. Iso ten os seus froitos, porque Barbanza é unha das zonas con maior dinamismo na inserción de persoas con discapacidade. Neste momento están operando uns sete centros especiais de emprego. Están funcionando tres entidades con proxectos de ámbito laboral, ás que se engaden outros colectivos máis pequenos que tamén están a facer cousas. Todo suma.

-¿Considera que hai un futuro prometedor?

-Os indicadores dos que falo son sinónimo de futuro e vense reforzados pola existencia de proxectos. O máis importante é que as grandes corporacións apostaron polo emprego, iso é algo que non se dá noutros lugares.

-¿De que proxectos en curso está a falar?

-O proxecto de Amicos é a sete anos vista e conta con persoal e recursos. Hai persoas traballando para xerar emprego. Na bisbarra somos tres polos empuxando nesta dirección: Cogami, Inserta e Amicos. Neste momento, Amicos acaba de poñer en marcha en Noia un plan experimental para lograr o maior número de insercións entre os cidadáns con maiores necesidades de emprego. Ese é o gran reto. Consolidar o que está feito e multiplicalo, duplicar os números de incorporacións ao ámbito do emprego. Iso require unha gran dedicación é tamén unha alianza co tecido empresarial.

-¿Unha das eivas pode ser a temporalidade dos contratos?

-Temos que comezar pola temporalidade para conseguir que no futuro cheguen a ser fixos. Agora mesmo están traballando moitas persoas que nin sequera pensaron que poderían facelo. Hai que conseguir que esta xente entre no mercado e que se gañe o seu posto. Tampouco debemos esquecer o feito de que, con carácter xeral, o mercado ten unha temporalidade moi elevada.

-¿Cómo farán para abrir o campo e acadar, como di vostede, que as cifras actuais de contratación se dupliquen?

-Nós buscamos que os grandes grupos empresariais aposten pola incorporación, nos seus cadros de persoal, dun 4 % de persoas con discapacidade, en lugar do 2 % que establece a normativa que existe actualmente. Sabemos o camiño que hai que recorrer para conseguilo e, dende logo, existe unha implicación forte das empresas na bisbarra, o que permite que esteamos acadando estes bos resultados. Agora ben, eu prefiro ir paso a paso. O reto para nós está agora en acadar a incorporación das persoas que teñen unha maior dificultade para conseguir un posto e que se valoren as súas capacidades.

Xoán españa