Barbantia pon en valor o patrimonio

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Deseñou un percorrido por cinco pazos de Boiro, que abrirán as súas portas para goce dos participantes

19 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 3 de xuño • Pista polideportiva do Sequelo (Goiáns, Boiro) • 9.00 horas • O patrimonio é unha parte importante da cultura dun pobo e por iso a súa posta en valor figura entre os obxectivos que ten marcados a asociación Barbantia. Como complemento á oitava Romaría das Letras que tivo lugar o xoves no parque da Cachada, a entidade deseñou unha ruta que busca dar a coñecer os pazos máis importantes do municipio boirense. Trátase dos conxuntos arquitectónicos de Fonteneixe, Agüeiros, Ribadomar, Sandrenzo e Goiáns.

Con esta andaina perséguese, como onte destacou o presidente de Babanza, Manuel Cartea, poñer en valor edificios que son característicos da paisaxe galega, da súa historia e da súa cultura. Un dos puntos fortes desta actividade é que as persoas que se sumen ao roteiro terán ocasión de ver os conxuntos por dentro, posto que os seus propietarios se brindaron a abrilos para a ocasión.

Os camiñantes accederán a tódolos recintos menos a un, o pazo de Goiáns, que se atopa actualmente en obras. Precisamente, entre os obxectivos que persegue Barbantia coa organización desta andaina atópase o de seguir reivindicación a restauración completa deste importante conxunto.

Inscricións abertas

A actividade está aberta a todo aquel que desexe sumarse. Os interesados poden inscribirse, de xeito gratuíto, chamando ao número de teléfono 604 001 732 ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: rutadospazosboiro@gmail.com.

Para a organización desta primera Ruta dos Pazos, Barbantia contou con varios colaboradores, que onte participaron presentación da actividade. Acudiron o alcalde, Juan José Dieste, en representación do Concello; José Rios, guía da andaina; Lola García, representante da empresa patrocinadora, García Sánchez; Ramón Rey, de Vintedouspés; e Lucía Outeiral, de Autos Ramón Outeiral.