Ánxela Gracián presenta en Ribeira a súa biografía novelada de Victoria Moreno

La Voz

BARBANZA

ALBERTO LÓPEZ

Serafín Marcos actúa hoxe no auditorio de Santa Uxía, mentres que no centro social de Outes hai prevista una festa para o domingo

10 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Centro cultural Lustres Rivas (Ribeira) • 20.00 horas • Doce cartas a María Victoria Moreno é o título dunha biografía novelada coa que Ánxela Gracián ofrece unha viaxe pola traxectoria da autora galardoada este ano co Día das Letras Galegas. Trátase dunha historia narrada por un dos personaxes máis entrañables da escritora homenaxeada, o lobo Garimoso, que no libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala, porque ela o soñou bondadoso. A obra está dirixida ao público infantil e xuvenil. Os veciños que esta tarde se acheguen ao Lustres Rivas poderán facerse cun exemplar.

Xira de Serafín Marcos

Hoxe • Auditorio de Ribeira • 11.00 horas • Tamén farán un percorrido pola vida e pola obra de Victoria Moreno os estudantes ribeirenses que se despracen ata o auditorio municipal. Alí desembarcará Serafín Marcos, co espectáculo que creou para achegarlle ao público infantil e xuvenil a historia da escritora galardoada polo 17 de maio.

Festa en Outes

Domingo • Centro social de Outes • 19.00 horas • O centro social de Outes súmase á conmemoración das Letras Galegas cunha actividades programada para o domingo. Trátase dunha conversa entre avoas e netos, que contará coa actuación da coral Francisco Añón, dunha representación da escola de música tradicional local e do grupos de pandereteiras do centro.