Carlos Babío e Manuel Pérez presentan en Outes o seu libro sobre o pazo de Meirás

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

 A cita terá lugar o sábado e aproveitarase para a presentación dun novo número, o 42, da revista Terra de Outes

11 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado • Casa de cultura de Outes • 17.00 horas • Carlos Babío e Manuel Pérez desembarcarán o sábado en Outes para presentar Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, unha investigación sobre como Franco se fixo coa propiedade e a converteu na súa residencia de verán. No acto está previsto que participen Francisco Jorquera, presidente da fundación Galicia Sempre; Ánxela Franco, deputada provincial; e Xoán Mariño, presidente de Terra de Outes, a asociación promotora do encontro. A cita aproveitarase para a presentación dun novo número, o 42, da revista Terra de Outes.