Os cisnes do Ulla


P retendía iniciarse a rexeneración do río Ulla nos primeiros días do mes de abril. Especialmente, na desembocadura, a causa dos problemas marisqueiros. O Ulla é o máis importante río de Galicia. Puido soportar un peso enorme dunha industrialización de degradación de se levaren a cabo os intentos da década dos 50. Foi prostituído, en cambio, por manobras político-económicas, desde o nacemento ata a foz de Carril e Cortegada. No Ulla alto resulta emblemático o encoro de Portodemouros, que condicionaría a supervivencia da canle fluvial. Quixeron despois construír 14 encalcos máis desde Monterroso ata as engrobas de Carcacía. Nunca foi desmentido aquel proxecto. Hai unha presa na propia Carcacía que en teoría abastece de auga a case tódolos municipios de Arousa norte e sur. O reparto de auga foi unha obra lenta.

 

A riqueza que puido representar o río Ulla quedou limitada a unha ruta recreativa para os epulóns con latas, motos náuticas e veleiros de luxo. Non existe no Ulla a abundancia de peixes de antano. Hoxe é o río máis contaminado de Galicia. Aseguran que probablemente tamén de Europa occidental. Os ríos europeos das grandes cuncas fabrís e demográficas foron depurados. As cloacas das populosas cidades das marxes do Sena, por exemplo, deixaron de corromper as súas augas. O mesmo aconteceu co Rhin, o Elba, o Danubio e o Támesis. Co Ulla estase a comezar agora ese proceso. Contan que está entupido na paraxe das Tres Cruces, entre Bamio e Isorna. Unha canle de auga con poucos metros de longura e profundidade que impide incluso a navegación tradicional.

De súpeto, os cisnes do Ulla. O tesouro que, polo visto, abeiran as brañas de Laíño é para os paisanos un segredo indescifrable. Os cisnes do Ulla son unhas palmípedes estrañas por estas latitudes. Están no Ulla como en parada temporal desde 1950, como consecuencia da vaga de frío que afectou ás Illas Británicas. Algúns xa foron impunemente abatidos polos furtivos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Os cisnes do Ulla