Albino García: «A miña ilusión sempre foi ter unha explotación»

Traballaba como electricista en Latinoamérica, ata que un día lle xurdiu a posibilidade de regresar ao seu Outes natal. Non o dubidou


ribeira/ la voz

Barbanceses que buscan unha saída laboral no campo. O abandono do medio rural é un dos problemas que máis preocupa á Xunta, que puxo en marcha un programa para repoboar estas zonas con novos negocios. En toda Galicia sumáronse a esta aposta 1.100 persoas en só dous anos, unha cantidade que na comarca redúcese a apenas nove veciños, que recibirán cada un 20.000 euros en axudas. Sete deles decantáronse por traballar en granxas gandeiras de Mazaricos e Outes, mentres que os dous restantes están á fronte dunha explotación apícola en Lousame e doutra cunícola no concello outiense

Despois de traballar durante case vinte anos como electricista de alta tensión no estranxeiro, Albino García (Outes, 1977) quixo dar un xiro radical a súa vida e dedicarse ao que realmente sempre quixo: dirixir unha granxa. «Xa desde que era neno gustábanme os animais e o mundo rural. Cansado de andar recorrendo medio mundo, dixéronme que vendían esta explotación de coellos e non o dubidei».

-¿Foi unha decisión difícil?

-Non. Nese momento estaba traballando en Perú. Vin aquí, fixen a compra e volvín marchar para desvincularme da empresa, porque tiña un 10 % de participación. Eu alí tiña traballo de sobra, incluso tiven que deixar moitos proxectos que íamos facer nos sete próximos anos e de moitos millóns de dólares.

-Tras case un ano dirixindo a granxa, ¿arrepíntese de telo feiro?

-Todo o contrario. En abril fará un ano que merquei a granxa, e xa quero ampliar. Vou pechar algunhas fincas para meter cabras e ovellas autóctonas galegas.

-¿Sabía criar coellos?

-Non sabía nada de criar coellos, pero sempre tiven animais na casa. A miña ilusión sempre foi ter unha explotación. Aínda estando onde estaba, eu sempre quixen ter este traballo. Apareceu esta ocasión, eran coellos, pois a criar coellos.

-¿É moi difícil coidalos?

-A verdade é que son delicados, pero tampouco é unha cousa doutro mundo. Hai que ter moi en conta a limpeza e a hixiene, telos ben coidados e vacinados. O certo é que, desde que collemos a granxa e ata o día de hoxe, evolucionamos bastante. Eu abrín o recinto cun censo de 1.100 coellas nais, e fixen unha ampliación a 1.500. A verdade é que xa se está notando a produción, estamos vendendo uns 9.000 ou 9.500 coellos en cebo cada 45 días.

-¿Aínda espera medrar máis?

-A miña idea é producir moito máis. As coellas novas que metín empezan agora a producir e, por iso, a granxa non está ao cen por cen. O obxectivo é mandar uns 10.000 coellos cada 45 días.

-¿É rendible a explotación?

-O prezo é variable, sube e baixa moito. Houbo meses, o ano pasado, nos que o valor estaba en 1,90 euros o quilo vivo, e aí é onde se ve o ingreso. Agora está en 1,55 euros e dá, pero non é esa folgura que podías ter. Se mandas 8.500 coellos ao matadoiro sacas uns 36.000 euros, pero de gastos tes sobre 22.000 euros, polo que non dispós dunha gran marxe de beneficios. O bo sería que o prezo non baixara dun mínimo de 1,70.

-¿Como é unha xornada de traballo na súa instalación?

-Hai días duros, sobre todo cando levan aos coellos. Hai que limpar moi ben todo para que as nais, que xa volven estar preñadas, poidan parir. E o resto dos días hai que revisar, que teñan comida e auga. É un traballo moi levadeiro.

-¿Animaría á xente a facer o mesmo?

-Por suposto. De feito, a miña muller está traballando na conserva e agora quéroa meter comigo. Tamén estou convencendo a unha xente de aquí de Outes para que poña en marcha un proxecto similar ao meu, pero con polos.

Asunción Torrado: «Gústame estar na natureza e ter liberdade»

a. l.

A súa intención era ser administrativa, pero as abellas cruzáronse no seu camiño e fixo do seu coidado a súa profesión

Aínda que estudou un ciclo superior de Administración e Finanzas, Asunción Torrado (Boiro, 1990) atopou o seu futuro laboral onde menos pensaba. «Un amigo do meu pai regaloulle unhas colmeas e, ao principio, a min non me interesaban nada, porque non me gustaban, pero pouco a pouco empezoume a importar todo o relacionado con este traballo, e fomos comprando máis colmeas», lembra esta moza de Escarabote.

-¿Sabía algo de coidar abellas?

-Non. De feito non me chamaba a atención, e o primeiro ano non quería saber nada das abellas.

Seguir leyendo

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Albino García: «A miña ilusión sempre foi ter unha explotación»