Tres colegios y dos institutos se unen a un plan contra el fracaso escolar

aNTÓN PARADA

BARBANZA

MATALOBOS

Más de 300 alumnos de 10 centros barbanzanos están integrados en el programa PROA, que establece clases para grupos reducidos

26 feb 2018 . Actualizado a las 05:05 h.

Entre los problemas que afronta el sector educativo se halla, indudablemente, uno que supone la principal amenaza para el futuro de la sociedad, el fracaso escolar. Durante el año 2017, la tasa de abandono escolar temprano se situó en un 15,2 %, un indicador tras el que se oculta una rebaja de diez puntos respecto a una década atrás. Parte del mérito de ese descenso le pertenece a planes diseñados por la Consellería de Educación como el programa PROA. Estos logros académicos no han pasado inadvertidos por los centros educativos de la comarca y, por ese motivo, ya son más de 300 los estudiantes de 10 colegios e institutos que han accedido a esta batería de clases de refuerzo.

Se trata de una iniciativa enmarcada dentro de las diferentes líneas de trabajo de los contratos-programa de la Xunta y que cuenta con una serie de ventajas destinadas principalmente a cubrir las necesidades de familias que carecen de recursos para financiar lecciones particulares a sus hijos. Es por esto que una de las características esenciales de PROA pasa por su gratuidad y que se trata de un servicio totalmente tutorizado.

Metodología innovadora

Es necesario destacar que la aplicación de este servicio es diferente en cada centro educativo que lo suscribe. La razón responde al propio factor de versatilidad y personalización que distingue al plan para combatir el fracaso escolar. Cada colegio e instituto puede orientar las clases de refuerzo según las necesidades específicas del alumnado e incluso solicitar docentes extra a los asignados al centro. En ese sentido, los coordinadores de PROA tienen libertad para agrupar a los jóvenes por sus carencias específicas y no meramente por cursos o grupos de edades, cuestión que responde a un modelo de metodología educativo más innovador.

Por otra parte, son los equipos directivos los que deben realizar un análisis de los alumnos que cada año podrán acceder a este plan contra el fracaso escolar.

Pepe Romero Maneiro: Coordinador de PROA no IES A Pobra

«Este sistema permite xerar un hábito de estudo fóra do horario lectivo, pero no propio centro»

Pepe Romero Maneiro é orientador no IES A Pobra do Caramiñal, onde tamén ocupa o cargo de coordinador do programa PROA. Non é casualidade que Romero se encargue desta tarefa, xa que xa se fixera cargo de impulsar o plan contra o fracaso escolar noutro centro da bisbarra, o instituto muradán Fontexería. O especialista analizou as vantaxes desta iniciativa da Xunta.

Este é o primeiro ano de PROA no instituto pobrense, ¿como se propuxo a súa implantación?

Correcto, este é o primeiro curso que se impartirá, pero xa se tentara solicitar hai 5 anos. Naquel momento non reunía as condicións necesarias para ser aprobado. Nesta ocasión, tras sometelo a votación no claustro e no consello escolar, saíu adiante e concedéronnolo.

¿Como foi a experiencia extraída do PROA no Fontexería?

Foi unha experiencia moi boa, xa que tanto as familias como o alumnado remataron agradecéndoo. Este sistema permite xerar un hábito de estudo fóra do horario lectivo, pero no propio centro. Sen embargo, o programa require de consolidación, os resultados non se vén xa ao vindeiro ano de implantalo.

No voso caso, ¿como teñen estruturadas as sesións e o reparto de docentes?

Nós contamos con dous grupos, un de primeiro e outro de segundo da ESO, que asisten a clase os martes e os xoves de catro e media da tarde a seis e media. No noso caso, ofrecéronse voluntarios catro profesores, se ben é certo que se poden solicitar docentes externos ao centro á consellería. Cremos que este é o xeito máis idóneo, xa que teñen coñecemento non só dos rapaces e das súas dificultades, senón do contexto familiar.

¿Como se traballa no marco dunha destas clases extra?

Esta medida simboliza un reforzo dos coñecementos que adquiren pola mañá e serve para paliar as dificultades de aprendizaxe. Establecemos canles de comunicación entre os docentes e os profesores PROA para analizar as necesidades e os eidos que non se traballan de forma concreta nunha materia, como a mellora da capacidade comunicativa ou a expresión escrita. Non se trata dun mero repaso.