Barbantia viaxa pola traxectoria de María Vinyals

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

Aurora Marco será a encargada de facer un percorrido pola historia da escritora, feminista e activista social que viviu no castelo de Soutomaior

23 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Casa de cultura de Lousame • 20.30 horas • O acto deste mes de febreiro de Barbantia está dedicado a María Vinyals, unha escritora, feminista e activista social que naceu e se criou no castelo de Soutomaior. A escritora Aurora Marco será a encargada de ofrecer unha viaxe pola traxectoria desta muller. No acto tamén intervirán Patricia Torrado, socia de Barbantia; Pastor Rodríguez, coordinador da entidade; e Teresa Villaverde, rexedora. Actuará o alumnado da escola de música local e haberá unha lectura de poemas de Rosalía de Castro.