Con seguridade moitos dos nosos lectores coñecen eses lugares e eses topónimos, pero o certo é que andamos por eles sen a mínima conciencia do que significan os seus nomes, do valor do seu pasado e menos aínda da importancia de conservar o seu malpocado patrimonio. E non será por falla de mestres.
Aprender a andar o país con respecto, con curiosidade e cos ollos abertos: velaí a lección que nos chega desde o século XVIII da man, unha vez máis, de Martiño Sarmiento.