Carmen Penim presenta en Rianxo o seu espectáculo «Herdeiras»

La Voz

BARBANZA

c

Poesía, música, unha curtametraxe e ata unha coreografía conforman o cóctel artístico que se servirá na vila mariñeira

20 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Auditorio de Rianxo • 20.30 horas • Os Actos Castelao continúan na vila rianxeira coa presentación de Herdeiras, un traballo de Carmen Penim que colle como punto de partida textos dela e versos de poetas contemporáneos que falan da muller, da súa identidade e das vivencias na Guerra Civil, nos que viron perderse os seus dereitos e liberdades.

Trátase dun traballo coral no que participaron máis de 25 persoas, entre os que se atopan Aurora Marco, Montse Fajardo, Xesús Alonso Montero, Marta Dacosta, Helena Villar e Eva Veiga.

No concerto proxectarase unha curtametraxe realizada por Margarita Ledo. Acompañarán a Penim sobre as táboas tres músicos e unha bailarina.