Un libro recupera a figura de locutora Maruxa Boga

La Voz

BARBANZA

XOÁN REY.

Nacida en Río da Prata, esta muller emblemática na diáspora tiña raíces en Barbanza, de onde eran os seus pais

15 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Maruxa Boga. Recordando a Galicia é o título do libro, con disco incluído, que a Central Folque ven de editar coa colaboración da Secretaria Xeral de Cultura co fin de recuperar a memoria dunha muller emblemática na diáspora, por ser a principal locutora dos espazos radiofónicos galegos en Arxentina. A través deles, divulgou a música xerada na colectividade da emigración desde 1945 cando, seguindo a proposta que lle fixera Castelao, que apadriñou a primeira emisión, creou o programa Recordando a Galicia, que se mantivo ata 1984.

Nacida en Río da Prata en 1915, Maruxa Boga sempre asumiu como propia a orixe galega dos seus pais, que eran de Barbanza. Polo seu estudo pasaron intelectuais como Castelao, Luís Seoane ou Manuel Colmeiro; aínda que o espazo que dirixiu serviu fundamentalmente para poñer en valor a música galega creada en Arxentina.

O libro foi presentado nun acto que tivo lugar no Consello da Cultura Galega, e que contou coa presenza dos seus autores: Jesús Blanco e Norberto Pedro Cirio.