A asociación O Xeito volverá a lembrar a Xosé Agrelo no seu undécimo cabodano


Día 18 • Casa da Sociedade (Esteiro, Muros) • 19.00 horas • Faleceu en novembro do 2006, pero os veciños de Esteiro e os integrantes da asociación O Xeito seguen a ter moi presente a Xosé Agrelo Hermo. Por iso, o vindeiro sábado renderanlle unha nova homenaxe na Casa da Sociedade. Está prevista a participación de Henrique Monteagudo, sociolingüista, secretario do Consello da Cultura Galega e membro da Real Academia Galega, que ofrecerá un percorrido pola traxectoria vital e literaria do escritor.

No acto tamén participarán o poeta Ramón Blanco e o grupo de teatro Sueiro.com, que poñerá en escena a peza Aventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, un espectáculo baseado nun texto de Manuel María.

Letras Galegas

A homenaxe que terá lugar en Esteiro o vindeiro sábado ten como obxectivo lembrar o traballo que Xosé Agrelo fixo a prol da literatura e, sobre todo, do mundo do teatro. Este gran labor tamén é o principal argumento que a asociación O Xeito vén esgrimindo diante da Real Academia Galega para tratar de que o autor barbancés sexa recoñecido polo Día das Letras Galegas. O colectivo xa trasladou esta petición no pasado e ten previsto poñela novamente enriba da mesa de cara ao 17 de maio do 2019. A entidade mesmo lle solicitou a Henrique Monteagudo que se encargue de avalar esta proposta diante do resto de académicos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A asociación O Xeito volverá a lembrar a Xosé Agrelo no seu undécimo cabodano