Paisal, a asociación Francisco Lorenzo e Clodio González optan aos galardóns

Maralla, Vidal, Terra de Outes, Centro Social de Boiro, Blanca-Ana Roig e Manuel Romero reenganchan


RIBEIRA / LA VOZ

A Asociación Cultural Barbantia xa está de cheo na recta final do ano 2017, polo que ten en marcha a organización de todas as actividades de costume, entre elas, a convocatoria dos Premios Barbantia da Cultura, simbolizados na figura dos sereos. O presidente da entidade, Manuel Cartea, vén de remitir a todos os socios as papeletas para proceder á votación, consulta que rematará o 30 deste mes.

As novidades da edición número 11 destes galardóns son as incorporacións de tres aspirantes por modalidade, que se trata do fundador de Los Tamara e recoñecido músico Enrique Paisal, na modalidade de Traxectoria Cultural no Barbanza, quen terá como rivais o escritor Francisco Antón Vidal e a pintora Maralla.

En canto á sección de Iniciativa Cultural no Barbanza, entra nas candidaturas a Asociación Francisco Lorenzo Mariño, que vai ter como opcións alternativas o Centro Social de Boiro -que o ano pasado figurou como Estación Leñaverde- e a Asociación Terra de Outes.

Na terceira modalidade, a da Cultural Galega, pensada para persoas cuxa proxección sexa a nivel de país, a novidade é Clodio González Pérez. Os socios de Barbantia terán que decidir entre votar ao actual coordinador editorial de Toxosoutos, ao pintor Manuel Romero ou a Blanca-Ana Díaz Rechou, todos eles moi relacionados coa vila de Noia.

Procedemento de voto

Os interesados en participar na votación poden entregar as súas papeletas cubertas na sede da asociación, no Centro Social de Boiro, por correo postal; no enderezo electrónico barbantia@barbantia.es ou nos actos que celebre a entidade antes da data límite. De feito, xa están fixadas dúas citas: o 17, na libraría Nobel de Boiro, ás 20.30, presentando o libro Percorridos por unha teoría do desexo, de Alberte Pagán; e o 24, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, tamén ás 20.30, para dar conta da reedición do libro Unha ducia de galegos, de Víctor Freixanes.

Nas papeletas coas que votar aparecen os candidatos a cada un dos premios, pero tamén teñen un apartado para incorporar suxestións de cara a vindeiras edicións do certame.

Por outra banda, xa está fixada a data de entrega dos sereos. Este ano vaise desenvolver no Salón Teatro Elma, da Pobra, o 16 de decembro.

FINALISTAS SEREOS 2017

Fundador do lendario grupo Los Tamara, dedicou toda a súa vida á música, tanto interpretando como ensinando

Ademais de columnista de La Voz de Barbanza, o palmeirán acumula un feixe de premios pola súa obra escrita

María José Paz, coñecida como Maralla, ten unha longa

traxectoria como pintora, inspirada no mar de Corrubedo

Herdeira do legado do inesquecible crego de Aguiño, a entidade é un faro cultural na mariñeira parroquia

Berce do maior movemento creativo da bisbarra, non deixa de promover actividades culturais e sociais na vila

O colectivo leva unha ducia de anos de actividade, participando en todo o que zumegue cultura en Outes

Un extenso currículo avala a este mestre ourensán que, ademais, ocupa a dirección da editorial Toxosoutos

Pouco coñecido na súa terra, este noiés ten unha ampla proxección internacional e unha vida cargada de mérito persoal e profesional

Esta noiesa é catedrática en literatura galega infantil e xuvenil

e investigadora. Dirixe a revista dixital Elos

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Paisal, a asociación Francisco Lorenzo e Clodio González optan aos galardóns