Shrek estrearase en Rianxo falando e cantando en galego

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Medio cento de membros da asociación vilagarciá Coda fan posible esta montaxe

03 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 11, 12, 18 e 19 • Auditorio de Rianxo • 18.00 horas • 17 euros • En abril do ano pasado desembarcou en Rianxo para pechar a xira de O rei da sabana, un musical baseado na famosa película de Walt Disney, e agora a asociación vilagarciá Coda regresa á vila de Castelao cunha estrea. A agrupación mercoulle a Dreamworks os dereitos para poder levar a escena unha versión musical de Shrek, o filme protagonizado polo coñecido ogro verde. Será a primeira vez que este divertido personaxe apareza enriba das táboas falando e cantando en galego.

Detrás deste musical hai un equipo formado por máis de medio cento de persoas; trinta integran o coro que cantará en directo e sete dan vida aos diferentes personaxes da historia.

As directoras do musical, Chus Ferreira e Olaya Bouzas, presentaron onte a reoresentación, destacando a espectacularidade da maquillaxe, do vestiario e do decorado, que mudará en varias ocasións ao longo da montaxe.