A «Primeira década das Letras» chega a Portosín

La Voz

BARBANZA

marcos creo

A exposición promovida pola asociación rianxeira O Ferrado estará na localidade sonense ata o vindeiro día 28

14 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de pasar por Rianxo e Boiro, a exposición Primeira década das Letras desembarcou onte en Portosín. A mostra está promovida pola asociación rianxeira O Ferrado e busca achegarlle aos veciños da zona, desde unha perspectiva actual, a obra dos escritores aos que lles foi dedicado o Día das Letras Galegas nas súas dez primeiras edicións. Literatos como Castelao, Rosalía de Castro ou Curros Enríquez comparten protagonismo nos dez paneis que foron instalados na casa de cultura da localidade sonense con outros escritores menos coñecidos como Añón ou Lamas Carvajal.

O Ferrado tamén ten en marcha un proxecto que pretende divulgar obras escritas en galego de autores xa falecidos que nunca viron a luz. Habilitou o correo asociacionoferrado@gmail.com.

De luns a venres • Casa de cultura de Portosín • En horario de mañá •