Xulio Gutiérrez: «Quixemos promover a idea de que a ciencia tamén é cultura»

O docente de Bioloxía é o responsable da sección «Palabras na paisaxe» no suplemento A Voz
de Barbantia


O quinto recompilatorio de A Voz de Barbantia segue á venda nos quioscos, e neste traballo poden atoparse algunhas das colaboracións científicas máis sorprendentes e destacadas que conseguiu reunir o divulgador e profesor de Bioloxía Xulio Gutiérrez na sección Palabras na paisaxe.

?¿Como foron os seus primeiros contactos con Barbantia?

?Esta foi unha iniciativa que tivemos algúns profesores e simpatizantes de Barbantia, que sempre íamos como público ás primeiras actividades da asociación. Como a nosa formación é de ciencias, nos pareceu que a cultura é algo máis que literatura. Entón, nos reunimos un día e decidimos facer algo, quixemos promover a idea de que a ciencia tamén é cultura, e que é tan analfabeto aquel que non sabe cuestións científicas como o que non coñece a Cervantes.

?A súa proposta de colaboración foi moi ben recibida.

?Si. Propuxemos introducir algún texto nos suplementos mensuais de A Voz de Barbantia, e a sorpresa foi que estaban encantadísimos coa idea. Críamos que íamos ter que pelexar o asunto, pero non. No cuarto ou quinto número xa comezamos a nutrir o espazo de Palabras na paisaxe con textos de divulgación científica de todos os ámbitos posibles. A nosa intención é abrir o máis posible o abano da ciencia.

?¿Que balance fai?

?Alguén dixo que isto era como un milagre, porque é incrible que sigamos tirando para a diante. A cuestión é sorprendente. Quizais a miña percepción é de sorpresa con que sigan aparecendo temas. Eu propóñolle a persoas do ámbito da ciencia que escriban, e a acollida é moi grande porque o suplemento xa ten un prestixio e uns lectores, e toda a xente sabe que é un lugar cultural de gran calidade. Moi pouca xente da que lle pedín facer un texto, esquivouno. A inmensa maioría estaban encantadísimos de colaborar e xa pasaron por estas páxinas varias decenas de colaboradores científicos.

?¿Que pode avanzar do próximo número?

?Sempre temos a planificación completa do ano enteiro, e xa está practicamente pechado todo o curso. Como hai colaboracións de distintas persoas e de distintos ámbitos, non é difícil. O próximo será un especialista en proteínas, e o anterior foi un experto en serpentes. É unha sección moi moi variada.

?Hai reserva suficiente para que o suplemento e a sección teña unha vida moi longa.

?Iso auguro. Mentres siga o tirón de Barbantia, hai moita xente que ten moitas cousas que dicir, e quizais rompeuse un pouco a idea de que esta asociación era só literaria. Non é así, hai arte, hai pintura, hai ciencia... Hai de todo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

Xulio Gutiérrez: «Quixemos promover a idea de que a ciencia tamén é cultura»