Luís Bará leva a Outes o libro sobre a memoria histórica

La Voz

BARBANZA

CAPOTILLO

O volume recolle diversos episodios da represión franquista acontecidos en Vilaboa, San Simón, Pontevedra, O Morrazo ou Vigo

05 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • Casa de cultura de Outes • 20.30 horas • Concelleiro de Patrimonio en Pontevedra e deputado polo BNG no Parlamento galego, Luís Bará desembarcará mañá en Outes na súa faceta de escritor. Presentará Nos des a esquecemento, un libro sobre a memoria histórica que recompila unha serie de artigos que, ao longo de tres anos, publicou a través do seu blog. O volume recolle diversos episodios da represión franquista acontecidos en Vilaboa, San Simón, Pontevedra, O Morrazo ou Vigo.

Esta cita literaria é froito dunha suma de esforzos, pois detrás da organización están as asociacións Barbantia e Terra de Outes, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Concello de Outes.