Artes: unha artesa chea de vida


Non ten que presumir Artes de ser o lugar do mundo coa porcentaxe de máis museos por número de habitantes, nin das súas fermosas paraxes naturais.

Artes sorprende e acubilla por igual, ten bagaxe patrimonial e empuxe cara ao futuro. Antigüidade non lle falta: temos restos de túmulos megalíticos onde soterraron os seus heroes, e referencias nos escritos de época medieval.

Tanto ten que o seu topónimo sexa referido ao radical *art/ard cos diversos resultados e significados de «oso», «carballo» ou «pedra», ou relacionado cos norteños e ancestrais Ártabros, ou coa mesma Ártemis, deusa cazadora que estaría engaiolada neste paraíso. Ou que comparta con Arteixo a configuración orográfica de valgada, regada polo seu río Sanchanás, con esa forma de «artesa» natural, e coa orixe toponímica nunha raíz preindoeuropea *art.

Tanto dá, porque a mudanza dos tempos e a prosperidade a través da cultura posúe a mesma maxia que o feito de que primitivamente as mulleres dos mariñeiros fosen cambiar a tella a San Alberte para converteren os ventos en propicios.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Artes: unha artesa chea de vida