José Benito Hermida Juanatey: Un pedagogo noiés na Pobra


Nado en Noia en 1850, o mestre Benito Hermida Juanatey desenvolveu toda a súa vida profesional n’A Pobra do Caramiñal. Tras estudar Filosofía e Letras no Seminario de Compostela, abandona os estudos relixiosos para facer maxisterio, acadando na década de 1880 a praza de mestre de primeiras letras n’O Caramiñal, onde casou dúas veces e deu orixe a unha coñecida familia nesa vila. En 1876 publica unha obra pedagóxica, El despertador de la infancia, o sea nuevo y fácil tratado de las tres asignaturas más importantes de la primera enseñanza: Historia Sagrada, Gramática y Aritmética, que foi declarada de texto para as escolas polo Consello de Instrución Pública o 19 de marzo de 1886. Esta primeira edición é obra rara nas bibliotecas galegas, pero consérvase exemplar na Biblioteca Nacional de Madrid. A obra deste escolante de Santa Cristina de Barro tivo bastante éxito, pois en 1899 apareceu a cuarta edición na imprenta L. Rodríguez, de Vilagarcía de Arousa. Impartiu aulas na actual Casa do Concello d’A Pobra, destinada a escola polo mecenas Fernández Varela, pero tras a reforma de 1886, o Consistorio foi marxinando a escola e prohibiu a entrada pola fachada principal, o que leva ás protestas do mestre durante varios anos. Nesa polémica intervirán Montero Ríos e Díaz de Rábago, favorables ao mestre. O labor pedagóxico de Hermida foille recoñecido e nomeárono Fillo Predilecto, colocando unha placa na fachada da Casa do Concello, retirada nos anos oitenta. Hermida Juanatey falece o 8 de novembro de 1920.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

José Benito Hermida Juanatey: Un pedagogo noiés na Pobra