Pakolas chega a Rianxo para animar a falar galego

La Voz

BARBANZA

Os interesados en participar na actividade teñen que inscribirse

19 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 28 • Liceo Marítimo de Rianxo • 19.00 horas • Paco Cerdeira, tamén coñecido como Pakolas, desembarcará a vindeira semana en Rianxo para animar aos nenos a falar galego a golpe de cancións. O artista é coñecido polos seus temas, unha combinación de historias e contos con mensaxe final que buscan invitar á reflexión. Os interesados en sumarse á actividade teñen que inscribirse no Servizo de Normalización Lingüística.