Reivindican a figura de Antonio Seoane como «a dun heroe»

Boironovo organizou un acto de homenaxe a este veciño represaliado durante o franquismo


boiro / la voz

Os atentados en Barcelona do mes pasado obrigaron a pospoñer ata onte unha homenaxe a Antonio Seoane (Boiro, 1906-A Coruña, 1948), un republicano boirense asasinado durante a represión franquista, que foi «unha figura da que temos que sentirnos orgullosos no noso concello», destacou Dores Torrado, concelleira da asamblea cidadá Boironovo, que foi a encargada de organizar o acto. Ela foi a primeira en tomar a palabra e gabar a figura dun home que formou parte moi activa do partido comunista de Galicia (PCG), e foi dos que máis loitou contra o franquismo, segundo apuntou Eva Solla, deputada de En Marea, coordinadora nacional de EU, e actual secretaria xeral do PCG.

O seu compañeiro Antón Sánchez, portavoz de Anova, evocou a unidade da esquerda que existía naquela época e pediu que se recupere esa unión, salvagardando a pluralidade e a diversidade de cada grupo. Pola súa banda, Manolo Peña Rey, presidente de honra do (PCG), quixo destacar a figura «dun heroe» pouco coñecido por moita xente, pero que se merece un recoñecemento, como tamén apuntou o escritor Xesús Alonso Montero.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Reivindican a figura de Antonio Seoane como «a dun heroe»