Siro López abriu o percorrido polos mundos de Carlos Casares

La Voz

BARBANZA

CEDIDA

O ilustrador e ensaísta estreou cunha charla as actividades paralelas á mostra en Ribeira sobre o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas

15 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Siro López abriu o percorrido de actividades que complementan á exposición Os mundos de Carlos Casares, que acolle o auditorio de Ribeira dende o mes pasado. O ilustrador e ensaísta achegouse á figura do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas dende a primeira persoa, narrando as anécdotas que viviu a través da súa relación persoal con el. María Estévez colleu o relevo cunha actividade dirixida aos máis pequenos e o programa rematará a vindeira semana con outras dúas propostas.

O venres 25 terá lugar unha sesión de contos a cargo de Polo Correo do Vento, esta vez con Clesacontos. E, como colofón, o sábado 26 a actriz e narradora Paula Carballeira será a condutora dun espectáculo dirixido tanto a pequenos coma maiores: Volcán, o cabalo salvaxe de Sálvora.