A asociación Barbantia lanza o quinto recompilatorio

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

A presentación recolle os 25 últimos suplementos

28 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Auditorio de Ribeira • 20.00 horas • O presidente de Barbantia, Manuel Cartea; a vicepresidenta da asociación, María Xesús Blanco; o delegado da Voz de Galicia en Barbanza, Ramón Ares; a deputada provincial Ánxela Franco e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, participarán este venres no acto de presentación do quinto recompilatorio de A Voz de Barbantia, un volume que recolle os 25 últimos suplementos culturais que viron a luz da man da entidade. Trátase en concreto, das publicacións que se sitúan entre a 101 e a 125.

 

O volume arranca cunha entrevista a Santi Páramo, activista cultural ribeirense, que asina o seu colega boirense Alberto García; para concluír coas preguntas que Xesús Laíño lle resposta a Manuel Cartel na pel dun lector insaciable. Entre os entrevistados que lle dan forma a este recompilatorio figuran tamén o historiador José Álvarez Castrelo, o actor Quico Cadaval, o escultor Emilio Mariño, o artista Miguel Harguindey, o escultor Roberto Filgueira ou a criminóloga Rebeca Sevilla.

Unha hemeroteca que lembra importantes sucesos do pasado, reportaxes de temática medioambiental, críticas de arte e colaboracións de estudantes e novos escritores son outros contidos que poden atoparse neste volume.

A súa publicación coincide coa saída á rúa dun novo número, o 126, do suplemento cultural de Barbantia. O acto contará coa actuación musical de Bailadela.