«Continuidade é a palabra que o define»

La Voz

BARBANZA

23 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

José Tubío será o vindeiro concelleiro do PT en rotar, trala futura muda de Silvia Cao este verán. Cando se lle pide unha valoración do mandato sentencia: «Continuidade é a palabra que o define». Tubío puxo o foco na polémica do tesoureiro, no que o Tribunal de Contas declarou un alzamento de máis de 300.000 euros, e do que «non existiron responsabilidades políticas». Tamén precisou que só conseguen información pública acudindo ao Valedor do Pobo.