Talía e o CDG homenaxean a Carlos Casares

La Voz

BARBANZA

18 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Salón Teatro (Santiago) • 20.30 horas • Os mortos daquel verán é o título da montaxe coproducida pola compañía Talía e polo Centro Dramático Galego (CDG) para renderlle homenaxe a Carlos Casares, o autor distinguido co Día das Letras Galegas. A montaxe, que hoxe poderá verse no Salón Teatro de Compostela, está dirixida por Artur Trillo e xira ao redor da aparición do cadáver dun boticario. Entre os actores que integran o elenco atópase a boirense Marta Ríos. Tamén está Gustavo G. Dieste, director de Teatro do Improvisto.