Paulo Nogueira presenta «Noia e a súa historia»

La Voz

BARBANZA

12 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Igrexa de Santa María A Nova (Noia) • 20.30 horas • A editorial Toxosoutos, o Concello noiés e a asociación Barbantia son os promotores da cita literaria que esta tarde terá lugar na igrexa de Santa María A Nova. O protagonista será Paulo Nogueira Santiago, autor do libro Noia e a súa historia. Desde un enfoque histórico e xeográfico, a obra pretende realzar a riqueza cultural da zona.