Lousame segue a manter viva a memoria do Cura de Fruíme

Xosé Manuel Rivas, autor dun libro sobre o párroco, participará nunha homenaxe


Mércores • Adro da igrexa de Fruíme (Lousame) • 12.00 horas • Coincidindo co Día das Letras Galegas, o Concello de Lousame renderalle homenaxe a un dos seus escritores máis ilustres, Diego Antonio Zernadas de Castro, máis coñecido coma o Cura de Fruíme. O acto, que se desenvolverá no adro da igrexa desta localidade, contará coa participación de Xosé Manuel Rivas, profesor asociado de Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e autor do libro Diego A. Zernadas, un precursor del galleguismo.

 

As actividades promovidas polo Concello co gallo das Letras Galegas arrancarán xa este sábado, cunha festa que chega á súa décimo quinta edición. Consistirá nun obradoiro, no que mediante varias pistas, os nenos terán como reto atopar a Carlos Casares; e nunha sesión de xogos tradicionais a cargo de Paporrubio.

O domingo, a música invadirá a praza Teodomiro Hidalgo de Portobravo. Será con motivo do Festival de Bandas de Música Xuvenís, que nesta ocasión contará coa participación da escola local e da de Cambados.

Audiovisual e teatro

As propostas lúdicas continuarán o día 26 coa proxección do documental Contando a Carlos Casares, unha produción elaborada por Gonzalo Y. Veloso que, a través de diferentes puntos de vista, tenta achegar a figura do autor distinguido polo Días das Letras ao público.

O colofón deste programa cultural chegará cunha nova sesión de microteatro. Será o 3 de xuño e propiciará o desembarco nas táboas da casa de cultura de diversas compañías, entre as que figuran Tastarabás, TicTac, Maimiñas e Teatro do Improvisto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Lousame segue a manter viva a memoria do Cura de Fruíme