Barbantia achega unha obra filosófica de Nicolas Chamfort

La Voz

BARBANZA

O libro foi traducido por Raúl Gómez Pato

25 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Centro social de Boiro • 20.30 horas • Produtos da civilización perfeccionada é un volume escrito polo filósofo francés Nicolas Chamfort, que foi traducido ao galego por Raúl Gómez Pato, que o venres desembarcará no centro social boirense para explicar o proceso que seguiu , así como as referencias máis rechamantes da obra. Trátase dun libro de finais do século XVIII que ofrece unha particular visión da Revolución Francesa e da época que lle tocou vivir ao moralista.

O tradutor estará arroupado por Isabel Santos e Xesús Laíño, que representarán á asociación cultural Barbantia, a promotora do acto. Tamén están previstas as intervencións de Moisés Barcia, da editorial Rinoceronte, e de Juan José Dieste, rexedor local. A presentación do libro coincide coa saída dun novo número, o 124, do suplementos cultural A Voz de Barbantia.