Selo de calidade humana

Manolo González BUZÓN DEL LECTOR

BARBANZA

07 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O outro día, ollando o xornal, chamoume a atención unha noticia referida á proposta do goberno de Ribeira sobre a creación dun selo de garantía gastronómica de calidade; dentro dun plan estratéxico de promoción do turismo, da hostalaría e de produtos alimenticios do pobo. Este proxecto, aínda que previsiblemente ampliable, remataría en 2020. A primeira vista resulta atractivo, máis cando se fala de implicar á cidadanía no proceso e, tamén, dun ente de carácter consultivo público-privado para coordinar as características concretas dos produtos suxeitos a control.

Entendo que un selo de calidade leva aparellado unhas características diferenciais e extraordinarias que avalen a revalorización dos produtos, garantindo o medio natural de cultivo ou crianza, unha manufactura que respecte determinados factores humanos e certos criterios ecolóxicos básicos. Estes produtos téñense que diferenciar por ter sido elaborados con materias primas de calidade e non contaminadas nin contaminantes, e por un método de produción e transformación tradicional; tamén engadiría sen explotación humana. Refírome a condicións de traballo respectuosas cos que transformen e cultiven estes produtos, incentivando e favorecendo un clima de traballo adecuado: sen longas e extenuantes xornadas de laborais onde o traballador ou traballadora, e a súa familia, sexan felices e non estean controladas en todo momento, ou gritándolles, continuamente, como lategazos verbais: Movede as mans, movede as mans!.

Manolo González é secretario político do Partido Comunista en Barbanza.