A Real e Ilustre achega aos nenos a esencia da festa

La Voz

BARBANZA

Iniciou unha rolda de charlas polos colexios de Ribeira

31 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Como xa ocorrera o ano pasado, a Real e Ilustre Cofradía da Dorna desprazouse a diferentes centros educativos do municipio para impartir charlas sobre a esencia da festa. Nesta ocasión, as intervencións xiraron ao redor da peñas, da súa constitución e da importancia que teñen para manter viva a celebración. Mesmo se fixeron simulacros para que os cativos montaran o seu grupo, idearan os artiluxios para participar nas diferentes competicións dorneiras e mesmo se animaran a entoar a súa canción de tasca.

As actividades leváronse a cabo xa nos colexio Galaxia e Sagrado Corazón de Castiñeiras, pero terán continuidade en outros catro centros do municipio. Destas primeiras experiencias xurdiron 15 peñas, con nomes tan peculiares como As Cabalas máis Saldas, Caranchoa Vai na Proa, Fanecas Picaronas ou As Cocochas están Tochas.

Desde a Real e Ilustre valórase como imprescindible que as novas xeracións se acheguen á festa coñecendo a súa esencia, as actividades que a diferencian e, sobre todo, que se saiban envolver do humor e da imaxinación que a caracterizan.