Fantoches Baj achegarase a Santa Uxía polo Día das Artes

La Voz

BARBANZA

Presentará unha montaxe sobre Maruxa Mallo

29 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Auditorio de Ribeira • 21.30 horas • Mensaxe do mar é o título da montaxe que a compañía Fantoches Baj poñerá en escena este venres no auditorio ribeirense. Trátase dunha obra sobre a vida da pintora Maruxa Mallo, á que este ano se lle dedica o Día das Artes Galegas. Na función entran en escena outros intelectuais coetáneos á pintora, como Pablo Neruda e Federico García Lorca. O espectáculo, de 70 minutos de duración, está dirixido a maiores de 12 anos.

Tamén con motivo do Día das Artes Galegas, a biblioteca ribeirense dará cabida, desde este sábado e ata finais de mes, a unha exposición integrada por 40 volumes nos que se reflicte a traxectoria biográfica, artística e intelectual da creadora.