Un nutrido grupo de camiñantes seguiu os pasos de Antón Avilés pola vila de Noia ata Taramancos

La Voz NOIA / LA VOZ

BARBANZA

matalobos

Manolo Barreiro fixo de guía polos lugares de Avilés

26 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A cita convocada pola Marea Cidadá para render a súa homenaxe particular a Antón Avilés con motivo do 25 aniversario do seu pasamento contou coa resposta dun nutrido grupo de camiñantes entre os que se encontraban o voceiro de En Marea no Hórreo, Luís Villares, o deputado autonómico Antón Sánchez e Alexandra Fernández, representante da formación no Congreso. Xunto a eles, veciños da vila andaron tralos pasos de Avilés pola vila de Noia ata Taramancos.

Manolo Barreiro foi o encargado de exercer de guía polos lugares de Avilés, nun percorrido que incluíu paradas na casa de cultura, na praza do Curro, na Tasca Típica, no Tapal ou na Chaínza, punto de encontro do escritor noiés coas súas amizades cando regresaba a Noia. Xa en Taramancos, diante da súa casa natal Serafín Marcos fixo unha performance sobre un texto de As torres no ar, e a comitiva dirixiuse logo ao cemiterio, onde depositaron flores sobre a tumba do poeta.

Un xantar de confraternidade puxo o broche a unha serie de actividades que comezaron o venres pola noite cun emotivo coloquio no que participaron persoas que coñeceron ben a Antón Avilés, coma Xosé Manuel Beiras e Pilar Sampedro.