Beiras participa nunha conversa sobre o escritor

La Voz

BARBANZA

Tamén estarán Pili Sampedro, Ismael Ramos e David Pérez

24 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Casa de cultura de Noia • 20.30 horas • Xosé Manuel Beiras estará pola tarde na vila noiesa para participar nos actos que organizou a Marea Cidadá con motivo do 25 aniversario do pasamento de Antón Avilés de Taramancos. Participará nunha conversa ao redor da figura do poeta na que tamén intervirán Pilar Sampedro, Ismael Ramos e David Pérez. Previamente, as persoas que se dean cita na casa de cultura da localidade terán ocasión de ver o documental O regreso permanente, realizado por Luís Avilés Baquero.

Para mañá hai previsto un roteiro por diferentes lugares vinculados ao escritor homenaxeado, que partirá ás 11.00 horas da casa consistorial e concluirá no cemiterio de Boa cunha ofrenda floral.