Santos Cabanas debulla na Pobra as súas «Novas do exterior»

La Voz

BARBANZA

03 mar 2017 . Actualizado a las 05:05 h.

Hoxe • Auditorio do Museo Valle-Inclán (A Pobra) • 20.00 horas • O escritor Xosé Luís Santos Cabanas recalará na Pobra para falar do seu libro Novas do exterior, 63.000 quilómetros de viaxes á cadea. Trátase da crónica dunha viaxe, a do autor e a súa compañeira, para ver o fillo, detido nunha operación policial que se puxo en marcha ao redor de Resistencia Galega.

 

Xunto ao autor estarán a xornalista Helena Domínguez, o escritor Xosé Antón Laxe Martiñán, o profesor Francisco Fernández Rei e un representante da editora Axóuxere.