Montse Fajardo chega a Rianxo co libro «Un cesto de mazás»

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

No acto proxectarase un vídeo e actuará Sabela Gago

31 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Auditorio de Rianxo • 20.00 horas • A escritorio vilagarciá Montse Fajardo recalará este venres na vila de Rianxo para presentar Un cesto de mazás, un libro que recolle 16 historias de represión contadas por persoas moi próximas ás protagonistas e, mesmo en dous casos, por un soldado obrigado a loitar un bando nacional e por un preso de San Simón. Nas páxinas deste volume, o segundo da autora, fálase de paseos, paredóns, cárcere, exilio, guerra...

En Rianxo, Montse Fajardo estará acompañada do rexedor local, Adolfo Muíños, e do tamén escritor Xerardo Agrafoxo, que representará á asociación Barbantia, colaboradora na actividade. No acto proxectarase un vídeo con fotos e postais das 16 persoas que protagonizan o libro.. Tamén haberá unha intervención musical a cargo de Sabela Gago.