Manuel Cartea, novo presidente de Barbantia

a. parada RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

marcos creo< / span>

Francisco Xosé Otero Bugallo será o tesoureiro

29 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro da Asociación Cultural Barbantia non acostuman a dedicar moito tempo a trámites administrativos, que se poderían inverter no eido cultural. Mais xusto antes da presentación da nova novela de Xosé Monteagudo, tivo lugar a asemblea na que se elixiron ao terceiro presidente da historia deste colectivo e ao novo tesoureiro, Manuel Cartea e Francisco Xosé Otero Bugallo, respectivamente.

Podería dicirse que non houbo sorpresas entre os nomes que veñen a substituír aos anteriores responsables da executiva e da contabilidade -Xesús Laíño e Carlos Mosteiro-, xa que a candidatura foi presentada días antes coa previsión de que non habería cambios. Algo que confirmou a unanimidade na votación. A maiores, deuse conta doutro tipo de asuntos, como a aprobación do libro de socios ou do catálogo de bens.

Pasado e futuro

Por outro lado, esa xuntanza serviu de pedestal para lembrarse das actividades que se realizaron durante o 2016 e que xa teñen confirmadas a súa consolidación e repetición este ano. Entre elas, a asemblea destacou a continuidade de lograr desenvolver unha cita literaria cada mes, así como a traxectoria do blogue Café Barbantia, que conta sempre cunha entrada diaria.

Pero tamén se enxalzou aos premios culturais que entrega a asociación e á mostra artística Barbantiarte, así como ó suplemento de La Voz de Barbantia -que se publica neste medio de comunicación mensualmente-, ao que se lle suma a edición do anuario de estudos sobre a comarca da que porta o nome.

Non obstante, houbo espazo para falar do futuro. E si alguén pensaba que había un só ámbito da cultura que se lle escapaba a este grupo, estaba equivocado. «Tiñamos un asunto pendente co ensaio, un xénero que atendemos menos», introduciu o presidente saínte, Xesús Laíño.

O que faltaba

Deste xeito, dende Barbantia barallan a elaboración dun libro que aborde a vida de varios persoeiros do mundo do arte de gran relevancia para a zona. Castelao, Manuel Ayaso, Alfonso Costa, Xoán Fernández son algúns dos nomes da listaxe. A idea é que cada un dos persoeiros sería documentada por un especialista en concreto.