Análise da relación que tiña o escritor cos vascos

La Voz

BARBANZA

No coloquio estarán Inaki Anasagasti e Jokin Bildarratz

28 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Auditorio de Rianxo • 19.00 horas • Inaki Anasagasti, ex voceiro do PNV no Congreso dos Deputados; Jokin Bildarratz, voceiro do PNV no Senado; Carlos Mella, ex parlamentario galego e presidente da Fundación Castelao; Francisco López, secretario xeral do Partido Galeguista; e Teresa Táboas, ex conselleira, participarán esta tarde nun coloquio que terá lugar en Rianxo, que se presenta baixo o título Castelao e os vascos.

Trátase do primeiro dos actos que o Partido Galeguista levará a cabo este fin de semana en Rianxo co fin de renderlle homenaxe ao autor de Sempre en Galiza. Mañá, ás 12.00 horas, terá lugar o principal. Nel participarán representantes de tódalas formacións con tendencias nacionalistas, así como membros de media ducia de fundacións galegas dedicadas a outros tantos escritores.