Barbantia elixirá novo presidente o vindeiro día 27

La Voz

BARBANZA

A asemblea será antes da presentación literaria de Xosé Monteagudo

19 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 27 • Auditorio de Rianxo • 19.30 horas • Leva catro anos á fronte de Barbanza e Xesús Laíño esgotou o período que conceden os estatutos da asociación para ocupar o cargo de presidente, polo que está claro que o vindeiro día 27, nunha asemblea que se celebrará no auditorio de Rianxo, haberá traspaso de poderes. Ademais dos correspondentes cambios na xunta directiva da entidade, ese días farase balance das actividades levadas a cabo ao longo do ano pasado e presentarase o programa para este 2017.

 

A asemblea de socios de Barbantia terá lugar xusto antes da cita mensual da entidade que, nesta ocasión, suporá o desembarco de Xosé Monteagudo, que presentará Todo canto fomos.