Os Actos Castelao comezan en Rianxo coa poetisa Eva Veiga

La Voz

BARBANZA

Presentará o libro «Soño e vértice»

12 ene 2017 . Actualizado a las 18:30 h.

Hoxe • Auditorio de Rianxo • 20.30 horas • O programa de Actos Castelao, confeccionado polo Concello de Rianxo para renderlle homenaxe ao seu escritor máis ilustre, arranca esta tarde da man da poetisa Eva Veiga, que estará no auditorio para presentar Soño e vértice. Con esta obra, a escritora residente en Noia logrou facerse co Premio de Poesía Concello de Carral na súa edición número 18. A escritora estará acompaña por Armando Requeixo, critico literario e ensaísta; por Xoán Pastor Rodríguez, coordinador da asociación Barbantia; e pola concelleira de Cultura, Raquel García.